jueves, 7 de octubre de 2010

Semana do 4 ao 10 de outubro

-Xoves 7, Rosario:


No marco das Festas do Rosario 2010, estas son as actividades culturais previstas para o xoves 7 de outubro:
13:00 h. Praza de Azcárraga. Concerto do Trío Colombita de Bogotá, dentro do XXI Festival Internacional de Pulso e Púa, organizado pola Agrupación Musical Albéniz.
13:00 h. Praza das Bárbaras. Actuación de Aturuxo.
19:00 h. Praza das Bárbaras. Encontro de Corais: Cantares Gallegos, Follas Novas e Sporting Club Casino.
19:30 h. Praza de Azcárraga. Concerto de Skarallaos.
20:30 h. Praza das Bárbaras. As Dríadas: Innova.
21:00 h. Igrexa de Santo Domingo. Orquestra Sinfónica de Galicia: Misa de coroación en do maior, K 317, de W. A. Mozart.
21:30 h. Praza de Azcárraga. Verbena co Grupo Isla.

Todas as actividades son de balde.


-Festas do San Froilán en Lugo:

Martes 5
11:15 h Actuación do grupo de música tradicional Andaina na praza Maior
13:00 h Actuación do grupo de música tradicional María Castaña na praza Maior
18:00 h Actuación do grupo de música tradicional Devandoira na praza Maior
19:00 h Actuación do grupo de música tradicional Arrincadeira na praza Maior
20:00 h Actuación do grupo de música tradicional Cantigas e Frores na praza Maior e Campo Castelo
21:00 h Actuación do grupo de cantareiras Cantar das Eiras na praza Maior
Mércores 6
20:00 h Desfile do grupo OS CREBINSKY dende Campo Castelo ata a Facultade de Veterinaria
21:30 h Proxección da película OS CREBINSKY no Auditorio da Facultade de Veterinaria*
Sábado 9
18:00 h VIII FESTIVAL DE FOLCLORE TRADICIONAL na praza de Santa María
Domingo 10
11:30 h Pasarrúas de grupos de música tradicional polo recinto histórico
17:00 h Pasarrúas de grupos de música tradicional polo recinto histórico
18:30 h Actuación do grupo de música tradicional Volta do Agro na praza Maior
Luns 11
20:00 h Concerto de BRATH na praza de Santa María
Martes 12
21:15 h Espectáculo de NOVA GALEGA DE DANZA - Tradicción na praza Horta do Seminario

-I xornada de baile e música e baile tradicional de Eirís:

Comenzan as Xornadas de música e baile de Eirís. Comenzan cun curso de percusión tradicional que será impartido por Marcos Pérez Saburido (Ourense) o vindeiro 24 de outubro de 2010.

Este curso será en dúas partes, de 
10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h. Haberá límite de prazas.

Marcos Pérez Saburido (Ourense), autodidacta a maior parte da súa vida, é membro da agrupación Castro Floxo, do cuarteto Redea Solta (xunto con Óscar Ibañez, Pablo Devigo...), do grupo ourensán Coanhadeira e tamén acompaña a gaiteiros como Pablo Devigo en concursos de gaita solista. Premios como o Ricardo Portela 2006, o Memorial Manuel Villanueva 2007 ou Gaiteiro de Soutelo 2007 avalan a súa traxectoria, así como o Concurso de Cuartetos de Ponteareas 2010, o pasado 19 de Setembro. Imparte clases en distintos concellos.
Para inscribirte:
1- Envía un correo a 
pradobotana@gmail.com (preferentemente) ou chama ao teléfono 663 323 146 para que gardemos a túa praza antes do18 de outubro.
2- A non asistencia inxustificada implicará a imposibilidade de asistir aos vindeiros cursos.

-III Foliada de Sada:

Organizado pola Asociación de música e danza tradicional Queiroa e o Concello de Sada, o vindeiro sábado 6 de novembro ás 20:00 h, na Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada (A Coruña), terá lugar a III Foliada da Asociación de música e danza tradicional Queiroa. Coincidindo con ela, o Magosto municipal.
No transcurso da foliada, celebrarase o II Concurso de baile tradicional por parellas, e haberá premios para os mellores bailaríns (para descargar as bases e a ficha de inscrición pincha aquí). Previamente, entre as 18:00 e as 20:00 h, e como novidade, haberá unha Foliada infantil, na que poderán participar os máis pequenos dos diferentes grupos tradicionais. Podedes participar tocando e/ou cantando no escenario, ou ben bailando ao pé del. Sempre música tradicional. Se non queredes actuar, podedes asistir e simplemente desfrutar das actuacións.
Se desexades actuar, ou participar no concurso, confirmádeo canto antes (tel.: 617940833/636692800, correo: tercermolino@telefonica.net). Cando saibamos o número de participantes, informarémosvos do tempo do que dispoñedes no escenario e da orde de actuación. Tralas actuacións previstas, a intervención será libre.
Haberá bochinche (castañas, bolos preñados, viño, etc.) e a media noite, queimada.
ESPERÁMOSVOS!

-IV Concurso de música tradicional de Luou-Teo:

Xa está aberto o prazo de inscrición para o IV Concurso de Música Tradicional de Luou que se celebrará o día 17 de Outubro no Local Social de Luou, Teo.
Bases para o concurso de cuartetos tradicionais:

1.-Poderán participar cuartetos tradicionais, compostos únicamente por:
Dúas gaitas, tamboril e bombo (quedarán excluídas gaitas marciais e percusións con parche de plástico)
Todos os grupos participantes deberán ir vestidos co traxe tradicional, que non deberán quitarse ata o final do concurso.
Queda prohíbido que os participantes concursen con máis dun grupo.

2.-Establécese unha única categoría sen límite de idade.
3.-As pezas a interpretar poderán ser Tradicionais ou de Autor, e deberán seguir os canons de estilo, estética e ritmo da música para cuartetos tradicionais galegos.

4.-O Xurado valorará os seguintes puntos :
Afinación, percusión, dificultade das pezas, interpretación e estética.
O Xurado será seleccionado pola Organización e o seu fallo será inapelable.

5.-O Concurso celebrarase o día 
17 de Outubro de 2010 no Local Social de Luou, Teo.
Admitirase un número máximo de 20 grupos, que serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
O Concurso terá unha fase previa, na que os participantes interpretarán unha peza de libre elección (3), cun tempo máximo de 5 minutos de duración.
A fase previa terá lugar ás 12 do mediodía, e unha vez rematada, o Xurado seleccionará 8 grupos que pasarán á fase final.
A fase previa non se celebrará senón se supera o número de 12 grupos inscritos.
A fase final comezará ás 18 horas. Os grupos finalistas interpretarán dúas pezas cun tempo máximo de 8 minutos e un mínimo de 5, incluído o tempo entre elas.
A orde de actuación nas dúas fases determinarase mediante sorteo previo realizado pola organización.

6.-A data tope de inscrición será o día 
12 de Outubro de 2010.
A folla de inscrición debidamente cuberta, deberá ser enviada á seguinte dirección postal :
A. C. A Mámoa
“Concurso de Música Tradicional”
A Igrexa s/n – Luou
15883 – Teo
Tamén poderán ser enviadas por e-mail a:
acamamoa@gmail.com
As bases e fichas de inscrición poderán ser descargadas dende:
http://amamoa.atwebpages.com http://www.myspace.com/acamamoa
7.-A Organización comunicaralle por teléfono a súa inclusión no concurso aos 20 grupos seleccionados

8.-A Organización establece 3 premios:
1º Premio – 1.000 € + Agasallo conmemorativo
2º Premio - 600 € + Agasallo conmemorativo
3º Premio - 400 € + Agasallo conmemorativo

9.-Aqueles casos non contemplados nestas bases serán decididos polo Xurado, e a súa decisión será inapelable.

10.-O grupo gañador do concurso repetirá unha das pezas da final, dándose así por rematado o concurso.

11.-A inscrición no concurso implica a total aceptación destas bases.

Observacións

Os grupos participantes deberán presentarse no Local Social de Luou 1 hora antes do comezo de cada unha das fases.
A Organización resérvase os dereitos de gravación de todos os temas interpretados no concurso.

Contacto:
acamamoa@gmail.com
http://amamoa.atwebpages.com http://www.myspace.com/acamamoa
Telf.: 609 666 805 (Miguel)
657 247 504 (Xandre)

Nota:
Tamén este domingo continúa o Ciclo de Coros Histórico (ver nesta ligazón)


0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

-- http://contadores.miarroba.es -->