miércoles, 29 de septiembre de 2010

Semana do 27 de setembro ao 3 de outubro do 2010

-Venres 1, Foliada!:
  • Noites de Tasca:










Despois da paradiña do verán volve a 3ª tempada das Noites de Tasca que este ano percorrerán os municipios da comarca de Ordes  sempre o primeiro venres de cada mes.
 
E, seguindo na liña de revalorizar aos músicos tradicionais e en especial aos mais vellos, comezan o día 1 de outubro coa actuación deFaustino Seoane, Gaiteiro de Sta. María de Arzúa, que sorprenderá a todos con su arte de tocar a gaita en plena forma aos seus 84 anos.
Logo coma sempre, haberá Foliada  para que participe toda a xente e, como novedade, ide afinando as gorxas porque empeza un Concurso de Aturuxos no que cada mes irá quedando un ou varios finalistas e mais adiante haberá unha final onde se elixirá ao "Millor botador de aturuxos das Noites de Tasca".

Agardámosvos o venres 1 de outubro na parroquia de Vilamaior (Ordes),  no bar Carballeiro, a partir das 
22:00 h.

Organiza: Asociación grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes
Colaboran: Concello de Ordes e Asociación Seixo Branco de Vilamaior.

VIDE TOCAR E ATURUXAR CON NÓS!



-VI Ciclo de Coros Historicos:





Os domingos 3, 10 e 17 de outubro ás 19:00 h celebrarase o VI Ciclo de Coros Históricos no teatro Rosalía de Castro da Coruña coa seguinte programación:

3 de outubro
Homenaxe a Emilio Corral
Coral de Ruada
Fas que Fas teatro da Fundación Wenceslao Fdez. Flórez "As Mulleres Perdidas no Bosque"
Cántigas da Terra 



10 de outubro
Cantigas e Agarimos
BellónMaceiras Quinteto
Cántigas da Terra


17 de outubro
Real Coro Toxos e Froles
Ultreia Obradoiro de Cultura Tradicional
Cántigas da Terra


NON FALTES!!



-Escolas Retrouso 2010/2011:



Comenza en outubro o curso nas Escolas Musicais Retrouso 2010/2011 no Complexo Cultural de Cela (Bueu) na que as principais novidades son a incorporación de Miguel Sotelo como profesor de baile e de Andrea Gómez Navarrete como profesora de acordeón.
ANÍMATE A APRENDER E DIVERTIRTE CONNOSCO!

0 comentarios:

Publicar un comentario en la entrada

-- http://contadores.miarroba.es -->